Quen Somos

 

fachada-xulian-varela-cereais

Somos a terceira xeración dun negocio familiar dedicado principalmente ó envasado de cereal para a súa posterior comercialización a intermediarios ou ó consumidor final.

Estamos situados en Sigüeiro (Oroso – A Coruña), no mesmo sitio no que xa levaba funcionando un antigo muíño de auga dende 1926.

 

 

 

Robot paletizador Cereais Xulián Varela: distribuición e venda de cereais e pensos para mascotas e cans de caza. Reparto a domicilioLevamos varios anos facendo un grande esforzo na mellora das nosas instalacións, tanto na propia nave, como a maquinaria. Dispoñemos agora dun robot paletizador, dunha envasadora automática, e dun renovado elevador de grao.

 

Tamén renovamos recentemente os nosos Camion Reparto Xulian Varela Cereaisvehículos

de reparto, que teñen unha capacidade que vai dende 6,5 toneladas a 18 toneladas.

Deste xeito, convertémonos nunha pequena industria agraria na que comercializamos cereais, envasados e moídos nas nosas instalacións.

Seguiremos así, para dispoñer dun negocio moderno e con produtos de calidade.

 

 

Temos á súa disposición moitos outros produtos dos que somos distribuidores: Pensos para gandería, para mascotas, abonos, fitosanitarios, sementes, pellets, etc.

 

O noso negocio ten dous tipos de venda moi diferenciada:

 

  • Venda ó por maior: Tendas e almacéns, ás que van destinados principalmente os cereais que envasamos en diferentes tamaños de sacos. Desprazámonos ás zonas nas que se atopan os nosos clientes, para facer o reparto da mercancía
  • Venda polo miúdo: Esta é a venda que facemos ó consumidor final, tanto explotacións gandeiras, negocios, casas particulares, etc. A venda faise nas nosas instalacións pero tamén dispoñemos de vehículo propio para facer reparto a domicilio para os clientes da comarca.

 

Apostamos dende sempre pola calidade dos produtos que comercializamos, por iso sempre tratamos con fabricantes que destaquen pola súa calidade e profesionalidade e que ó mesmo tempo sexan competitivos en prezo. Un exemplo é a marca Norgasa, de pensos para gandería, coa que levamos traballando dende 1960 cando abriron en Cambre, e na que seguimos confiando pola calidade dos seus produtos.

 

Almacén Cereais Xulián Varela: distribuición e venda de cereais e pensos para mascotas e cans de caza. Reparto a domicilio

 

No noso afán de satisfacer todas as necesidades dos nosos clientes, ampliamos recentemente a nosa oferta de produtos. Así agora vendemos tamén viños de mesa en packs de 15 litros, sal en sacos de 25 kg, pellets para calefacción, bobinas de papel industrial ou para cociña, papel hixiénico, licores, packs de cervexas, etc.

 

Para nós o cliente é o máis importante, e sempre intentamos ofrecerlle os mellores produtos e servizo, ó mellor prezo.