Os Nosos Produtos e Servizos

Agro e Gando - Mascotas - Fogar e Negocio - Entrega a domicilio

Agro e Gando

Pensos a granel en bigbags ou en sacos, cereais, abonos, sementes, fitosaritarios de uso profesional. Vitaminas, conchiñas de ostra, hormonas de enraizar, pastas cicatrizantes, etc. Servimos a grandes e pequenas explotacións agrarias e a consumidores finais. Entrega do produto nas súas instalacións.

Mascotas

Gran variedade de pensos para cans e gatos. Traballamos con varias marcas de calidade, como a marca Affinity, que conta cunha extensa gama de pensos para todo tipo de mascotas. Ofrecemos pensos para cachorros, pensos de mantemento, e tamén pensos especiais para a tempada de caza.

Fogar e Negocio

Descubre a oferta de novos produtos para o teu fogar e o teu negocio: Pellets para calefacción de fogares, negocios, fornos de panaderías, etc. Viños en packs de 15 litros, augardentes e licores. Deterxentes, papel hixiénico, bobinas de papel de uso industrial ou de cociña. Fitosanitarios de uso doméstico ou profesional. Etc.

Transporte a domicilio

Dispoñemos de camións para o transporte dos nosos produtos a domicilio. Dende 6,5 toneladas a 18 toneladas de capacidade, e con porta elevadora para poder descargar palés de mercancía. Tamén contamos con tarxeta de transporte de servizo público, o que nos capacita para transportar mercancías a terceiros.

Quen somos

Quen somos

Somos un negocio familiar situado en Sigüeiro (Oroso – A Coruña). A nosa principal actividade é o envasado de cereal, para a súa posterior comercialización a negocios ou tendas e ó consumidor final. Somos distribuidores de produtos como pensos para ganderías, para animais domésticos e mascotas, así como tamén abonos, sementes, fitosanitarios, pellets, etc. Facemos reparto a domicilio de todos os nosos produtos, na nosa comarca. Tamén nos desprazamos a outras provincias, na venda ó por maior, para tendas e empresas.

Os Nosos Clientes

Venda por Xunto (Distribuidores) - Venda polo Miúdo (Consumidor Final)